Que ver en Ferrol?

PRAIA DE A FRAGATA

PRAIA DE A FRAGATA

Este paraíso rural destaca pola súa area branca, ondas moderadas e Bandeira Azul, ideal para gozar da natureza e das actividades acuáticas.

Coñecida tamén co nome de Porto Belo. Sitúase nun contorno rural, entre as praias do Vilar e Esmelle, formando xunto coa praia de San Xurxo a belísima baía natural de San Xurxo. É Bandeira Azul.

Cunha extensión de 200 metros por 50 metros de ancho, é unha praia de area branca, ventosa e con bastante ondada, aínda que menor que en Esmelle.

Como chegar desde Ferrol:

Estrada Ferrol-Covas e tras pasar Covas, tomar camiño a Esmelle.
Nivel de ocupación alto.
Servizos: aparcadoiro, posto de socorro, duchas e quioscos de tempada.

O cámping As Cabazas e a área recreativa do mesmo nome están moi próximos.