Que ver en Ferrol?

CABO Prioriño chico

CABO Prioriño chico

Este faro ofrece unhas vistas impresionantes e é un lugar estupendo para observar aves mariñas e migratorias, ideal para os amantes da natureza.

O Faro de Prioriño guía os navegantes que penetran na ría de Ferrol. As vistas desde aquí son excepcionais (en días claros vese A Coruña e todo o Golfo Ártabro).

Punto de paso de aves migratorias e lugar de observación de multitude de aves mariñas, do mesmo xeito que Prioriño Grande.

Como chegar: estrada Ferrol-San Xurxo, en Valón (2 km) tomar desvío ao Faro Prioriño. Chegaremos a el bordeando o Porto Exterior.