Que ver en Ferrol?

Xardíns de Herrera

Xardíns de Herrera

Un miradoiro único ofrece vistas ao Arsenal e á ría, cun emblemático obelisco e xardíns remodelados que invitan á contemplación e ao relax.

Sitúanse na parte traseira do Palacio de Capitanía e o Parador de Turismo, consituíndo un miradoiro sobre o Arsenal e a ría de Ferrol, xa que están nun baluarte defensivo da cidade.

Foron proxectados polo enxeñeiro naval Andrés Comerma. Neles pódese admirar o obelisco de Churruca.

A continuación destes xardíns atopamos os de San Francisco, unha prolongación dos anteriores, próximos á Igrexa de San Francisco, e que foron remodelados recentemente.