Que ver en Ferrol?

ARSENAL MILITAR

ARSENAL MILITAR

Descubre un fascinante patrimonio industrial e militar con visitas guiadas a impresionantes instalacións históricas e museos nun escenario único.

Baixo a dirección de diversos arquitectos e enxeñeiros militares constrúese no s. XVIII o Arsenal de Ferrol, que se converte nunha das empresas máis difíciles da España da Ilustración e que vinculará a cidade desde entón cos vaivéns da construción naval e as complexas decisións do Estado.

Polas súas funcións militar e industrial, o Arsenal divídese en dous: o Arsenal do Parque, parte occidental,  e  o Arsenal dos Diques, ambos con senllas portas monumentais.  No interior do recinto destacan: a Sala de Armas,pechada polo norte polo Cuartel de Instrución; o Dique da Campá (s. XIX) que foi un dos diques máis grandes do mundo na súa época; o Edificio de Herrerías que acolle o Museo da Construcción Naval; o Museo Naval  e a Biblioteca da Zona Marítima do Cantábrico, instalados no antigo cárcere de San Carpio.

O Arsenal está declarado Ben de Interese Cultural.

Irmandiños s/n

Visita guiada peonil ao aire libre de 2 horas de duración con guía oficial de turismo de Galicia, que inclúe un percorrido polas instalacións do s.XVIII, Sala de Armas, Batería da Cortina e dársena. Continuación ata o Dique da Campá e Porta do Dique.

Días: domingo 30 de xullo, 6, 20 e 27 de agosto e 3, 6, 8 e 10 de setembro.
Hora: 11:00 h.
Punto de inicio: Oficina do Peregrino/Turismo no porto de Ferrol.
Custo: 10€ por persoa, menores de 10 anos gratis. O custo é polo servizo de guía, posto que a Armada non cobre por acceder ás súas instalacións.
Aforo: mínimo de 6 persoas, máximo 40 persoas.
Reserva previa imprescindible a través da web https://ferrolguias.com/ ou no correo info@ferrolguias.com