Que ver en Ferrol?

Miradoiro de Caranza

Miradoiro de Caranza

Este miradoiro ofrece unhas vistas impresionantes da ría e das paisaxes urbanas próximas, ideais para captar a beleza do solpor e da actividade naval.

O miradoiro do barrio de Caranza, ao bordo do mar, fálanos do asentamento do home na paisaxe. Desde aquí contémplase a ría de Ferrol e os núcleos  urbanos da outra beira (Mugardos, O Seixo…), así como as instalacións do estaleiro naval, cos seus grandes guindastres, moi fotoxénicos á posta de sol.

Cómo chegar: Barrio de Caranza