Que ver en Ferrol?

IGREXA DE DOLORES

IGREXA DE DOLORES

Este templo destaca pola súa arquitectura do século XVIII, fermosas vidreiras e valiosas tallas relixiosas, sendo un punto de interese cultural e espiritual.

Levantada na Praza de Amboaxe na segunda metade do s. XVIII pola congregación que leva o seu nome.

Na fachada podemos ver un óculo redondo con vidreira sobre a porta e dúas pequenas torres campanario, unha delas cun reloxo.

O seu interior é dunha soa nave de cruz latina. Contén tallas da Dolorosa, un Nazareno, un Crucificado, etc.

Sede da Confraría de Dolores.