Que ver en Ferrol?

Museo da Semana Santa de Ferrol

Museo da Semana Santa de Ferrol

Descubre un museo que celebra unha tradición relixiosa única, con imaxes e artefactos impresionantes, e unha ruta histórica que enriquece a experiencia.

O 1 de decembro de 2018 abría as súas portas o museo da Semana Santa de Ferrol. O Museo ten como obxectivo facer presente a nosa Semana Santa máis alá das datas da súa celebración. Nel pódense observar diferentes imaxes e aveños que participan na Semana Santa de Ferrol.

Actualmente existe tamén a ruta Ferrol Confrade que dá a coñecer aqueles lugares que tiveron, ou teñen, importancia histórica no desenvolvemento da Semana Santa de Ferrol.

http://www.semanasantaferrol.org/historia/

Enderezo: Costa de Mella s/n

Horario apertura: 
Martes a Venres de 10.00 a 14.00
Sábado e Domingo de 10.00 a 14.00 h. y de 17:00 a 20.00 h.

Email para concertar visitas para grupos: exposicion.semanasantadeferrol@gmail.com

Prezo: 2 €