Que ver en Ferrol?

CALAS DE MEDOTE E SARTAÑA

CALAS DE MEDOTE E SARTAÑA

Dúas calas illadas de area branca, ideais para os que buscan tranquilidade e natureza, perfectas para gozar do mar e da aventura náutica.

Son dúas calas de area branca e fina, illadas e salvaxes, separadas entre si por unhas rochas.

Sitúanse ao extremo occidental da praia de Ponzos e desaparecen case completamente con marea alta. Ambas son ventosas e con ondada.

Sartaña conta con zona de fondeo de pequenas embarcacións.

Como chegar desde Ferrol:
Estrada Ferrol-Covas, pasar o núcleo de Covas, A Pedreira e tomar camiño á praia de Ponzos.
Servizos: pequeno aparcadoiro entre ambas as calas e tamén en Ponzos. Posto de socorro en Ponzos.
Transporte urbano só ata Covas.
Ocupación baixa.