Que ver en Ferrol?

CABO Prioriño Grande

CABO Prioriño Grande

As impresionantes vistas ao mar e os restos históricos en túneles abandonados fan deste lugar un destino intrigante para os aventureiros.

Desde Prioriño Grande a vista do mar é impresionante (evitar acudir en días de vento)

Nesta zona hai túneles,  nos que se situaron no seu día proxectores que formaban parte da rede de baterías da ría de Ferrol (debido ao seu estado de abandono recoméndase non acceder ao  interior e extremar a precaución).

Como chegar: nas inmediacións do Cabo Prioriño Chico, cara ao norte. Antes de chegar a Prioriño Chico, hai que tomar a pista de terra á dereita coa indicación EDAR e seguir o camiño ata o final.