Que ver en Ferrol?

Cabo Prior

Cabo Prior

Un lugar emblemático para gozar de impresionantes postas de sol e vistas á costa, cun faro histórico e un entorno natural engaiolante.

Un dos espazos máis emblemáticos de Ferrol, ideal para contemplar a posta de sol, e desde onde se observa a tortuosa Costa Ártabra.

O Faro de Cabo Prior, de máis de 100 m de altura, presíde o cabo; unha escaleira encaixada na rocha leva ata a sirena (advirte aos buques da proximidade da costa cando os sinais luminosos son inservibles pola néboa).

Nota: zona perigosa en días ventosos. Extremar a precaución pola presenza de restos de baterías militares e túneles nas proximidades.

Como chegar: situado a 14 km de Ferrol, estrada Ferrol-Covas; tomar desvío en Covas ao faro de Cabo Prior.