Onde comer

Ferrol é terra de bo comer e beber, de materias primas de gran calidade e deliciosa comida.

RESTAURANTE A GABEIRA

RESTAURANTE A GABEIRA

Ofrece unha cociña creativa de tempada con ingredientes de calidade, destacando peixes e carnes, e conta cun chef recoñecido na gastronomía galega.

Horario: de 13:30 a 16:00 h. e de 20:00 a 23:00 h. Pechas os luns e as noites dos martes e domingos.

Restaurante de cociña creativa, emocional, de tempada e de produto que conta con 1 Sol Repsol e asociada a Grupo Nove.

O seu chef, Miguel Anxo Campos, é o actual presidente do afamado Grupo Nove de cociñeiros galegos. Ampla carta de peixes, carnes, caza, lamprea… Magnífica adega.