Onde comer

Ferrol é terra de bo comer e beber, de materias primas de gran calidade e deliciosa comida.

PAZO DO MONTE

PAZO DO MONTE

Goza da gastronomía galega nun pazo con encanto do século XVIII, rodeado dun fermoso xardín e dun histórico hórreo, ideal para eventos.

Horario: de martes a domingo de 12:00 a 16:00 h. e tardes de venres e sábados de 20:00 a 23:30 h.

Cociña galega de calidade. Sobresae pola súa situación, nun típico pazo galego do s. XVIII  rodeado dun histórico xardín de azaleas, camelias e cun hórreo de case 30 m de loxitude, un dos máis grandes de Galicia.

Conta cun comedor principal e un reservado para grupos ou comidas de empresa. Tamén dispoñen dunha carpa para vodas e celebracións.