Onde comer

Ferrol é terra de bo comer e beber, de materias primas de gran calidade e deliciosa comida.

MODESTO

MODESTO

Goza da auténtica cociña galega con marisco fresco, carnes selectas e sobremesas caseiras nun ambiente acolledor e cunha excelente selección de viños.

Horario: de luns a sábado de 13:00 a 16:00 h. e de 21:00 a 23:30 h. Martes e mércores non se dan ceas.

Cociña tradicional galega de mercado cun punto de innovación: peixes e mariscos frescos, boas carnes e sobremesas variadas de elaboración propia, que cambian segundo a estación. Ampla carta de viños. Dispón dun viveiro de marisco para consumo propio do restaurante.