Onde comer

Ferrol é terra de bo comer e beber, de materias primas de gran calidade e deliciosa comida.

CASA LEXO

CASA LEXO

Goza dunha experiencia gastronómica única con cociña de mercado e eventos temáticos, ideal para os amantes da boa gastronomía e do viño.

Horario: luns, martes e xoves de 12:30 a 16:00 h. e de 19.30 a 00:00 h. Venres e sábados de 12:30 a 16:00 h. e de 19.30 a 1:00 h. Domingos de 12:30 a 16:00 h. Mércores descanso.

Restaurante, bar, vinoteca. Cociña de mercado, de tempada, completada cunha ampla adega. A miúdo propoñen xornadas de distintas temáticas (queixos, cogomelos…). Pratos de tempada fóra de carta. Menú do día.