Onde comer

Ferrol é terra de bo comer e beber, de materias primas de gran calidade e deliciosa comida.

NAUTIC

NAUTIC

Restaurante no porto con cociña local e ambiente moderno. Goza dunhas vistas á ría e dos sabores tradicionais nun ambiente relaxado.

Horario: abre a diario todo o día, de 10:00 a 2:00 h.

Situado en pleno porto deportivo da Graña, nun edificio rehabilitado, levántase este local de hostalaría que funciona como restaurante e bar de copas.

Cociña de mercado con produtos da zona. Sabores tradicionais nun ambiente moderno e relaxado. Algúns produtos da carta son: chocos, luras, nécoras, polbo, pementiños do Val… Pero tamén polo de curral, chuletón de boi ou cóbado de porco e sobremesas caseiras, como o arroz con leite, típico de Ferrol.

Comidas para grupos. Terraza con vistas á ría de Ferrol. Bos cócteles.