Onde comer

Ferrol é terra de bo comer e beber, de materias primas de gran calidade e deliciosa comida.

O’TANAGRA

O’TANAGRA

Goza de exquisitas especialidades locais e dunha ampla selección de viños nun ambiente acolledor, ideal para unha experiencia gastronómica única.

Horario: comidas de 13:30 a 15:30 e ceas de 20.30 a 23:30 h. Domingos pechado.

Especialidades: meixelasde porco confitado con queixo de Tetilla gratinado, tostas de ibérico ou ameixas ao estilo da avoa. Croquetas de algas e lagostinos ou con bacallau e pementos do Piquillo e lasañas con vieiras, lagostinos e polbo. Máis de 180 referencias de viños. Terraza. Comidas para levar e por encargo.