Onde comer

Ferrol é terra de bo comer e beber, de materias primas de gran calidade e deliciosa comida.

TABERNA DE ANCA

TABERNA DE ANCA

Goza de deliciosas tapas e racións frescas nun ambiente acolledor, ideal para saborear a gastronomía local. Perfecto para un descanso gourmet.

Horario: inverno: de luns a sábado de 11:30 a 15:30 e de 20:00 a 23:00, domingo pechado. Verán:de martes a domingo de 11:30 a 15:30 e de 20:00 a 23:30, domingo tarde e luns pechado.

Carta con produtos segundo mercado, racións, petiscos: peixiños fritos, chocos na súa tinta, pementos de Padrón, míllaras de pescada fritas ou á vinagreta etc. Comida para levar.