Ferrol Natural

Praza do Inferniño

Praza do Inferniño

Este lugar destaca pola súa contorna natural, zonas recreativas e a proximidade a un centro comercial, ideal para gozar en familia e relaxarse.

Sitúase á saída do Nacional 651 e da autoestrada, e comunicada por un bulevar co centro histórico de Ferrol. Praza con moitas árbores (cerdeiras, magnolios…), un parque infantil e unha pista deportiva.

No entorno da  praza atopamos un centro comercial con aparcadoiro subterráneo e cafetarías con terrazas.