Ferrol Natural

CALA DE LUMEBÓ

CALA DE LUMEBÓ

Enseada salvaxe de area fina, ideal para nudistas, con abraiantes postas de sol e difícil acceso. Un refuxio natural para os amantes da tranquilidade.

É unha cala salvaxe, de gran beleza, á que só se pode acceder con marea baixa. O seu acceso é moi dificil debido ao escarpado do terreo.

Frecuentada por nudistas, é unha cala de area fina e resgardada. Presenta rochas de formas caprichosas que semellan esculturas.

Aquí as postas de sol son impresionantes.

Como chegar desde Ferrol: estrada Ferrol San Xurxo; en Valón (km 2), coller desvío sinalizado a Doniños e desde alí dirixirse a Punta Penencia, no extremo sur da praia.

Non dispón de servizos, aínda que o autobús urbano chega ás inmediacións, a Doniños.

Nivel de ocupación baixo.