Ferrol Natural

CALA DAS FONTES

CALA DAS FONTES

Enseada de augas esmeraldas e area fina, ideal para gozar coa baixamar. Rodeado de acantilados, ofrece un entorno natural e tranquilo para os turistas.

É unha paradisíaca cala de augas cor verde esmeralda, rodeada de cantís e da illa de Santa Comba ou Illa do Medio. En realidade é unha prolongación da praia de Santa Comba, da que está separada por un cantil.

Cala recollida, de area fina, pero só se pode gozar dela coa marea baixa.

Como chegar desde Ferrol:

Estrada Ferrol-Covas; pasar o núcleo de Covas, A Pedreira e tomar camiño á praia.

Servizos: aparcadoiro.

Autobús urbano ata Covas
Nivel de ocupación:baixo.