Ferrol Natural

CALA DO PORTO

CALA DO PORTO

Este recuncho ofrece area fina, rochas e forte ondada, ideal para mergulladores. O seu acceso é sinxelo e conta con servizos próximos.

Cala dun 65 m. situada nas inmediacións da cetaria de Covas e do Cabo Prior, que desaparece case totalmente coa marea alta.

Ventosa, de area fina con bolos e rochas, a miúdo presenta unha forte ondada.

Unha das calas preferidas dos mergulladores.

Como chegar desde Ferrol:

Desde Ferrol dirixímonos a Cabo Prior e, antes de chegar ao faro, en Prioriño, tomar o desvío á cetaria de Covas, que está xunto a esta cala. Pasamos a cetaria ata a seguinte pista sen asfaltar, á dereita.
Servizos: restaurante, zona de aparcadoiro a da cetaria.

Nivel de ocupación: baixa.