Ferrol Natural

Miradoiro de Chamorro

Miradoiro de Chamorro

Ofrece unhas vistas espectaculares da cidade e da súa ría, ideal para gozar da natureza e da historia local nun entorno tranquilo e pintoresco.

Miradoiro próximo a Ferrol, xunto á ermida de Chamorro  (s.XVI). Desde este lugar, moi querido polos ferroláns, gózase dunha impresionante panorámica da cidade, do val de Serantes e de toda a ría de Ferrol e as súas poboacións da outra beira: Fene, Mugardos…

Como chegar: desde Ferrol, pola estrada Covas-Esmelle, despois de percorrer 2,5 km hai un desvío sinalizado á ermida de Chamorro.