Ferrol Natural

PRAIA DE ESMELLE

PRAIA DE ESMELLE

Praia de area branca, ideal para practicar deportes acuáticos, ofrece servizos como aparcamento e socorristas, nun entorno rural e tranquilo.

Praia con bandeira azul aberta, de area branca e fina, con forte ondada e vento, o que a fai adecuada para os deportes acuáticos. A súa lonxitude é de 160 m.

Supón unha continuación da praia de San Xurxo da que está separada por unhas rochas e, do mesmo xeito que esta e a Fragata (seguinte praia que nos atopamos), sitúase no medio rural.

Como chegar desde Ferrol:

Estrada Ferrol-Covas e tras pasar Covas, tomar camiño a Esmelle.
Nivel de ocupación medio-alto.
Servizos: aparcadoiro, posto de socorro, duchas.
O cámping As Cabazas e a área recreativa do mesmo nome están moi próximos.