Patrimonio de Ferrol

CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN ABANCA

CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN ABANCA

Espazo cultural con exposicións e eventos de calidade, situado nun edificio histórico preto de puntos de interese emblemáticos. Ideal para explorar.

É unha das institucións culturais máis destacadas de Ferrol, que se caracteriza pola calidade das súas exposicións temporais.Tamén é un espazo idóneo para a organización de eventos.

O Centro sitúase en pleno centro de Ferrol, moi próximo a outros edificios emblemáticos da cidade, tales como o Teatro Jofre, a Concatedral, o Mercado e Correos.

O seu edificio, de principios do s. XIX, de planta simétrica e estilo clásico tivo diferentes usos: de Concello a cárcere, logo funcionou como instituto de secundaria _ aquí impartiron clases Concepción Arenal e Gonzalo Torrente Ballester_ e tamén foi sede do Goberno Militar.

A súa configuración actual débese á última reforma, concluída en 2005 e que habilitou o seu interior como un recinto polivalente, adaptable a multitude de posibilidades e ademais con acceso universal. Con algo máis de 4.300 m², distribuídos en sete plantas, dispón de salón de actos equipado cos últimos avances tecnolóxicos e diversas salas para exposicións, obradoiros, cursos, etc.

Para información sobre as exposicións consultar a súa páxina web.

Praza da Constitución s/n
Horarios das exposicións:
De luns a venres, de 11h a 14h e de 17h a 20h
Sábados, Domingos e festivos pechado.
Entrada libre.