Patrimonio de Ferrol

CENTRO CULTURAL CARVALHO CALERO

CENTRO CULTURAL CARVALHO CALERO

Un lugar idóneo para os amantes da cultura, con exposicións, eventos e unha biblioteca que homenaxea a lingua e a literatura galegas. Entrada libre.

Carvalho Calero foi membro numerario da Real Academia Galega, así como o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galega.

En memoria deste ilustre ferrolán quedan hoxe un instituto de ensino secundario, un centro cultural, unha rúa e un prestixioso certame de narrativa e de investigación lingüística-literaria.

O Concello de Ferrol organiza eventos culturais periodicamente. Comprobade na web do concello a programación da sala de exposicións temporais do centro cultural.

Este centro pode acoller reunións e eventos no salón de actos, previa solicitude. Conta con sala de exposicións e biblioteca pública.

Praza do Inferniño s/n
Horario:
Inverno: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Verán: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Entrada libre.