Ferrol da Ilustración
MUSEO NAVAL
O Museo Naval sitúase nun fermoso edificio do s. XVIII deseñado por Sánchez Bort e que foi antigo Cuartel de Presidiarios.
Os contidos do Museo Naval trasladarannos a algúns dos momentos máis destacados da Armada Española a través dos séculos.
Neste museo da Armada expóñense de forma permanente maquetas de barcos antigos, traxes de mergullador, bandeiras de navíos, diverso material de navegación e de cartografía. Destacan os restos da fragata Magdalena, que se afundiu en Viveiro no ano 1810.
R/Irmandiños s/n. Edificio de Herrerías.
Horario:
De martes a venres (luns pechado) de 9.30 a 13.30 h.
Sábados, domingos e festivos, de 10.30 a 13.30 h.
O acceso só está permitido cunha máscara
Entrada gratuita.
Existen visitas guiadas para grupos avisando con antelación.