Ferrol da Ilustración

BALUARTE DE SAN XOÁN

BALUARTE DE SAN XOÁN

Este lugar ofrece unhas vistas impresionantes do porto e da ría, ademais de ser un valioso vestixio da historia militar do século XVIII.

Situado en Ferrol Vello, é xunto cos do Rei e Canido e coa Porta de Fontelonga, un dos restos máis importantes da muralla de Ferrol do s. XVIII.

Dende a súa altura pódese contemplar unha magnífica prespectiva do porto de Curuxeiras, quilómetro cero do Camiño Inglés a Santiago de Compostela , da ría de Ferrol e da batería da Cortina do Arsenal militar, un grandioso exemplo do que se entendía por liña defensiva militar no s. XVIII

Baluarte s/n