Ferrol da Ilustración
CUARTEL DE DOLORES
Declarado Ben de Interese Cultural, acaba de celebrar o seu 250 aniversario, foi deseñado por Sánchez Bort e ten a honra de ser o cuartel máis antigo de España. Constitúe unha das obras máis singulares da arquitectura militar do s. XVIII, cunha perfecta simetría e un magnífico patio de armas porticado nas súas dúas primeiras plantas.
No seu parte posterior conserva os restos de Fontelonga, a única das portas que se abrían nas murallas que protexían a cidade no s. XVIII e conducía a un antigo peirao hoxe desaparecido. Destaca a súa garita de garda e un arco que serve de contraforte.
Rúa Avenida Mac – Mahón
T: 981 369568
Visita con guía turístico oficial da Xunta de Galicia os martes do 18 de xullo ao 10 de setembro, ás 18:00 h. A visita ten unha duración de hora e media e realizarase cun mínimo de 6 persoas e un máximo de 35.
Punto de partida: entrada ao Cuartel de Dolores.
Prezo: 10€ por persoa (menores de 10 anos gratis). O custo é polo servizo de guía, xa que a Mariña non cobra polo acceso ás súas instalacións.
Precísase reserva en https://ferrolguias.com/ ou en info@ferrolguias.com