Mapa global

Sendeiros de Esmelle

Sendeiros de Esmelle

Descubre rutas guiadas que combinan historia, natureza e vistas espectaculares, ideais para gozar da cultura e das paisaxes locais.

A AAVV de Esmelle oferta rutas guiadas para grupos (minimo 5 persoas). Máis info en www.valledesmelle.com

ruta dos muíños

Aquí atopamos 22 antigos muíños, fontes e lavadoiros que noutros tempos formaban parte da vida cotiá dos habitantes da zona rural. Varios muíños están restaurados pola iniciativa veciñal

– ruta a poza da lagoa

Comeza en San Xoán de Esmelle e discorre por unha paisaxe verde e frondosa. Continúa o percorrido en suave pendente  por un antigo camiño castrense ben conservado e na parte final desviarémonos cara ao miradoiro do Pedrouzo, onde se aprecia a beleza da Costa Ártabra.

– ruta dos sentidos

Esta ruta ofreceranos un retrato da pegada que deixaron os antigos habitantes deste fermoso val.