Mapa global

COSTA ÁRTABRA

COSTA ÁRTABRA

Goza de paisaxes virxes, rutas de sendeirismo e ciclismo, e observación de aves nun entorno natural de gran valor ambiental.

Cunha das costas mellor conservadas de toda a comunidade, este tramo da Costa Ártabra, acondicionado recentemente,  fará as delicias dosos afeccionados ao sendeirismo ou ciclismo (ruta BTT ao 95% pode presentar problemas nas subidas de Chamorro e Coto da Lagoa).

 

Destaca o seu valor paisaxístico que fixo que a Costa Ártabra obtivese o recoñecemento de Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) polo seu gran valor ambiental, e a posibilidade de observar distintas especies de aves.


O seu percorrido de 50 km pode realizarse de vez ou ben en dúas (A Malata-San Xurxo; San Xurxo-A Malata) ou tres etapas (A Malata-Ponzos; Ponzos-Fontá (Doniños); Fontá-A Malata).