Onde durmir

The Camp Doniños

The Camp Doniños

Ideal para aloxarse mentres aprendes ou practicas surf.

Albergue situado nas inmediacións das praias de Doniños e de San Xurxo, ideal para aloxarse mentres aprendes ou practicas surf. Facilidades para a práctica do surf e doutras actividades de turismo activo (caiac, mergullo con tubo…)

Dispón de habitacións con liteiras e baño compartido (duchas), ximnasio aberto 24 horas, terraza, wifi gratis, área de pícnic e asadeiro, cafetaría con almorzos dispoñibles (baixo petición), TV nas zonas comúns. Conta con servizo (opcional) de transporte ao aeroporto e aparcadoiro gratuíto.