Mapa do Nadal en Ferrol

Os recunchos de Nadal con máis encanto da cidade e percorrido das cabalgatas de reis en Papá Noel

Programa nadal
City Tren do Nadal

City Tren do Nadal

A cidade contará co servizo do city tren, de balde para os viaxeiros. Así tanto a saída, como a chegada será na praza de Armas. Accede para horarios.

A cidade contará co servizo do city tren, de balde para os viaxeiros. Así tanto a saída, como a chegada será na praza de Armas. Comeza o día 19 de decembro, só en horario de tarde de 17.00 a 21 horas e do 20 de decembro ao 4 de xaneiro, ambos incluídos, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21 horas, excepto os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro.O 31 de Decembro o servizo finaliza ás 20 horas

Realizará un percorrido circular con saída da praza de Armas, baixa pola rúa Terra ata Igrexa, subida por Rubalcava, continúa pola rúa Sol, baixa por Arce, segue por Igrexa ata a rúa Coruña e xira cara Irmandiños en dirección ao paseo da Mariña dando a volta na rotonda. A volta é polo paseo da Mariña dirección a Irmandiños, subida por Correos, rúa Igrexa, Rubalcava para finalizar na praza de Armas.

Programa nadal