Monumentos relixiosos

CAPELA DA MERCÉ

CAPELA DA MERCÉ

Este templo destaca pola súa impresionante fachada decorada e o seu interior ecléctico, ideal para os amantes da arquitectura e da historia relixiosa.

Construída por Rodolfo Ucha en 1926. Foi edificada por iniciativa dos mercedarios en 1926 en estilo ecléctico, modernista e neogótico

Na súa fachada, moi decorada, destacan os escudos da Orde da Mercé. O seu interior consta dunha soa nave con abundante decoración, motivos vexetais e os signos da Orde da Mercé. Destacan os alicerces con columnas que se entrecruzan na bóveda de crucería.

É sede da Confraría da Mercé.